martes, 23 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía e para celebralo imos facer varias actividades....
Imos preparar un centón entre todos. Un centón é un poema creado con versos de outros poemas.Collemos varias estrofas de poemas de Rosalía e recortamos os diferentes versos.




Deste xeito creamos, traballando por grupos,o noso centón de Rosalía. 
Mañá o recitaremos e o levaremos á biblioteca. 
Se queredes saber algo máis sobre Rosalía pinchade na imaxe....

E se queredes ver un vídeo moi bonito do libro Rosalía pequeniña de Uxía, que retrata á verdadeira Rosalía, pinchade na imaxe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario