Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua galega. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de mayo de 2016

Yolanda Castaño visitounos na nosa biblio....

Hoxe veu Yolanda Castaño a visitarnos á nosa biblio. Recitounos os seus poemas e explicounos algúns detalles da súa obra.
Regalámoslle as nosas firmas como recordo.
Gracias pola visita.
Aproveitamos para recitarlle os poemas que aprenderamos para a semana da poesía. 

jueves, 10 de marzo de 2016

EMPEZAMOS E REMATAMOS O DÍA CON POESIA

Estamos a celebrar o mes da poesía na escola e por iso comezamos e rematamos o día con poesía para todos. Hoxe tocounos a nós e foron LUCA, SABELA, NOA  E  ADRIANA os encargados de representarnos....e fixérono fenomenal!!!!




martes, 23 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía e para celebralo imos facer varias actividades....
Imos preparar un centón entre todos. Un centón é un poema creado con versos de outros poemas.Collemos varias estrofas de poemas de Rosalía e recortamos os diferentes versos.




Deste xeito creamos, traballando por grupos,o noso centón de Rosalía. 
Mañá o recitaremos e o levaremos á biblioteca. 
Se queredes saber algo máis sobre Rosalía pinchade na imaxe....

E se queredes ver un vídeo moi bonito do libro Rosalía pequeniña de Uxía, que retrata á verdadeira Rosalía, pinchade na imaxe.